CulturaCulturaÚltima hora

Antonio Piñeiro afonda en Verín no “Cristianismo primitivo e os manuscritos do Mar Morto”

A conferencia, que ten sido moderada por Manuel Mandianes, estaba organizada pola Biblioteca Municipal

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollía na tarde do 25 de xaneiro a conferencia “Cristianismo Primitivo e os Manuscritos do Mar Morto”, a cargo do catedrático de Filoloxía Grega, Antonio Pérez Sáenz. A intervención, organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, estaba moderada polo doutor Manuel Mandianes, antropólogo e teólogo.

O profesor Piñero, unha das máximas autoridades en cristianismo primitivo, explicaba o impacto de dous descubrimentos realizados nos anos 40. No alto Exipto uns campesiños atoparon en 1945 nunha cova doce códices de papiro e fragmentos doutro, ocultos nunhas vasillas seladas. En 1947, nunhas covas de Qumrán, preto do mar Morto, uns pastores acharon sete rolos de pergamiño cun total de máis de novecentos manuscritos mentres buscaban unha cabra perdida.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button