DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Anxela Fernández (Rúa Valdeorras FSF) irá ao Campionato de España Infantil de Fútbol Sala

Anxela Fernández Fernández (ala)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No equipo feminino de fútbol sala Rúa Valdeorras están de noraboa. Unha das súas xogadoras, Anxela Fernández Fernández (ala) vén de ser convocada definitivamente para defender as cores da selección galega de fútbol feminino infantil que se disputará entre o 19 e o 23 de abril en Murcia.

Tal como explican dende o club, este mércores, 12 de abril, Anxela “asistía ao 9º adestramento da galega infantil que tiña lugar no pavillón de O Forte en Boqueixón baixo as ordes dos seleccionadores galegos, Manuel do Castelo e María Bardanca”.

O combinado, integrado no grupo B, xogará contra Estremadura (mércores 19 de abril); Melilla ( xoves día 20) e Andalucía (venres día 21). “A expedición sairá o luns 17 de abril desde o pavillón municipal Paco Chao de Carballiño onde terá lugar o décimo e último adestramento”, din dende o Rúa Valadeorras FSF.

Artigos relacionados

Back to top button