Na tarde deste mércores 9 de febreiro o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco, estreaba un club de lectura para adultos cunha charla impartida pola escritora de contos infantís Ana Meilán.
E a proveitando a visita, en horario escolar (pola mañá) a escritora impartía tamén unha sesión de animación á lectura ao alumnado de Infantil e de 6⁰ de Primaria. ademais de falar de contos, a autora asinou exemplares dos seus libros aos cativos.
Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/o-ceip-condesa-de-fenosa-pon-en-marcha-o-club-de-lectura-para-adultos-cunha-charla-de-ana-meilan/
Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.