A VeigaConcellosEntroido 2024Última horaVídeos

Ao ritmo dos fulións e das coloridas comparsas no desfile de Entroido na Veiga

 

Hoxe si. Cun resplandecente sol e agradable temperatura se celebraba p desfile de fulións e comparsas neste Martes de Entroido na Veiga.

 

 

Tal como estaba previsto e baixo a coordinación do Concello coa colaboración de Protección Civil e GES da Veiga, pasadas as 12:30 horas deste martes 13 de febreiro comezaba o percorrido dende a zona escolar ata a praza.

 

 

Abría o desfile o Folión de Chandrexa e despois desfilaban a Residencia de Maiores coa comparsa ‘Indios’, a Casa Niño coa carroza ‘Granxeiros’’, a comparsa ‘Locos por la música de Corexido’, a Asociación de Mulleres Rurais coa carroza ‘Xoieiros’, o Fulión de Penouta-Ramilo, a carroza ‘Invernía do bosque’.

 

 

Coma sempre era o Fulión da Veiga quen pechaba a comitiva, guiado polos Charrelos, os Carneiros e a Vaca, facendo vibrar ao público que se xuntaba na praza e ao longo da estrada central da vila.

 

 

Despois celebrábase a Festa da Soá no pavillón municipal da Veiga.

 

 

Fotos e vídeos:  Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button