ConcellosO BarcoÚltima hora

Aparece un pavo real na praza de Vilanova (O Barco)

 

Esta madrugada a veciñanza de Vilanova (O Barco) atopaba, sorprendida, un pavo real enriba dos contendores situados na praza desta localidade. Dábase aviso entón ao Concello e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras procedía a recollida da ave, xa que ninguén sabía quen podía ser o seu propietario.

 

 

Nestes momentos a Policía Local do Barco está tratando de averiguar a procedencia deste pavo real e de localizar ao seu dono. Entre tanto a ave permanece nas dependencias do GES.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button