CulturaCulturaÚltima hora

Aprazadas as actividades de “Cultiva Cultura 2020” de Pantón

A organización comunicará unha nova data cando a situación sanitaria o permita

As actividades do programa “Cultiva Cultura 2020” de Pantón quedan aprazadas. Esta decisión está motivada polo incremento de casos de coronavirus na zona e no resto de Galicia. Dende a organización comunican que proporán unha data alternativa tan cedo como sexa posible e as circunstancias o permitan.

As citas afectadas son a “Noite de Morcegos”, programada para o 5 de setembro e a ruta guiada pola vila dos Peares, que tería lugar o día 12 de setembro. O ciclo “Cultiva Cultura 2020” está organizado pola Asociación Cultural Segredos de Pantón, Morcegos de Galicia e a Asociación Veciños dos Peares.

 

Cartel actualizado. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button