DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

Aprazado o Tres Cuñados FS-Sport Sala FS previsto para este sábado no Pavillón de Calabagueiros (O Barco)

O equipo valdeorrés conta con tres xogadores positivos por Covid

Os xogadores do Tres Cuñados FS saíndo ao terreo de xogo. /Foto: Mónica G. Bellver-

 

O coronavirus segue facendo das súas, provocando cancelacións e no mellor dos casos, aprazamentos, no ámbito deportivo.

Desta volta tocoulle ao Pizarras Los Tres Cuñados FS que se vía obrigado a aprazar o partido de fútbol sala que debía disputar este sábado 15 de xaneiro ante o Sport Sala FS de Culleredo (A Coruña).

O partido, que marcaría o inicio da segunda volta na terceira división nacional, debía disputarse no Barco de Valdeorras, no pavillón municipal de Calabagueiros, pero era aprazado por casos activos de Covid no conxunto valdeorrés. “Temos tres positivos polo que quedamos con moi poucos xogadores para desputar o encontro. Por precaución pedimos a suspensión”, aseguran dende o club, adiantando que informarán da data da disputa do mesmo cando lles sexa comunicado pola RFGF”.

Artigos relacionados

Back to top button