EconomíaEconomíaÚltima hora

Aprendendo a facer estoupar un niño de velutina

Non só había teoría. Dentro da sesión formativa sobre “destrución, neutralización ou retirada de niños de Vespa velutina” que o experto Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre, impartía na mañá do 10 de novembro en Vilamartín incluíase tamén unha parte práctica.

Así, no exterior do Centro Cultural Santa Lucía amosábase como poden destruírse os niños de velutina a gran altura usando petardos e cun niño secundario real. Tomando as necesarias precaucións, tiña lugar a detonación e o niño facíase estoupar.

Imaxes cedidas por Teodoro Súarez.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-experto-en-velutina-lolo-andrade-aborda-en-valdeorras-a-problematica-deste-insecto-invasor-e-como-loitar-contra-el/

Artigos relacionados

Back to top button