DeportesEn portadaÚltima hora

Aprendendo a lanzar peso cun medallista olímpico, no Barco

Manuel Martínez, bronce en Atenas 2004, ofrecía unha charla e unha sesión técnica nas pistas de atletismo de Calabagueiros

 

Cales son as catro disciplinas de lanzamentos en atletismo, cal é a dieta dun lanzador de alto nivel, o peso peso ou masa corporal ou como é a técnica para lanzar. Eran algunhas das cuestións sobre as que lles falaba aos nenos da Escola de Atletismo do Club Adas Cupa do Barco, do Club Atletismo Rúa e das Escolas Deportivas de Trives o lanzador olímpico Manuel Martínez, que nesta tarde se desprazaba ata as pistas barquenses de atletismo.

Este atleta, que foi bronce en lanzamento de peso nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, campión do mundo (Birmingham 2003) así como campión de Europa (Viena 2002), entre outros títulos; era presentado como unha lenda do atletismo.

 

 

 

Despois da súa charla, na que ía respondendo ás preguntas dos xoves atletas, ofrecía unha sesión técnica de atletismo. Esta actividade enmárcase nas accións de promoción do Campionato de España de Atletismo Absoluto Short Track que se celebrará en Ourense na próxima fin de semana, tal e como explicaba Lalo Gómez, vicepresidente da Federación Galega Atletismo de Ourense, que abría o acto xunto ao alcalde do Barco, ao concelleiro de Deportes e ao presiente do Club Adas Cupa do Barco.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button