
Cáritas Diocesana de Astorga celebrou a súa Asemblea anual, á que acudiron preto de 100 persoas de todo o territorio diocesano. Tamén estivo na mesma o bispo de Cáritas Española e da Diocese de Astorga, Jesús Fernández.
Nesta ocasión os principais asuntos foron a presentación do primeiro Plan Estratéxico da entidade, a presentación da páxina web e o informe dos 60 anos de actuacións en Kilela Balanda (Congo). Todos os puntos sometidos a votación foron aprobados por unanimidade.
Primeiro Plan Estratéxico a desenvolver en catro anos
Despois dun ano de traballo do equipo motor no que buscando a maior participación posible realizáronse centos de enquisas a persoas vinculadas a Cáritas pero tamén a diversos sectores da sociedade, como técnicos de servizos sociais das institucións públicas e outros, recolléronse todos os datos e propuxéronse varias accións, que levarán a cabo nun período de catro anos a partir deste intre.
As actuacións teñen que ver cos programas de Acción social nos que levamos anos traballando, coas persoas que estamos en Cáritas, axentes e participantes, coa comunicación e imaxe externa, co traballo con socios e doantes, co fortalecemento institucional, a organización interna e a sustentabilidade. En toda esta tarefa “estivemos acompañados por Guillermo Fernández Maíllo, de Cáritas Española, especialista en acompañar a diferentes Cáritas neste tipo de procesos”, asegura a directora de Cáritas Diocesana de Astorga, Inmaculada do Peso, destacando que o Plan Estratéxico supón “ter unha ruta marcado, saber onde estamos e onde queremos chegar”.
Tamén subliña a importancia do traballo en equipo de toda a comunidade cristiá que está vinculada a Cáritas “para beneficio de todas as persoas que esperan a nosa axuda, a nosa acollida, noso camiñar con eles e a nosa participación nos mesmos niveis, sufrimento e tarefas que eles teñen”. “O camiño é ir xuntos na mesma dirección tentando conseguir a mesma meta”, remarca.
Presentada a web www.cartitasastorga.com
Nesta Asemblea presentouse tamén a web da organización, cuxa dirección é caritasastorga.com e na que se pode atopar información sobre actualidade, transparencia da entidade, axenda, documentación, recursos e outras cuestións que poden ser do interese cidadán.
60 anos de cooperación internacional no Congo
O responsable do sector de Cooperación internacional, Florentino García, fixo balance dos 60 anos de traballo coas persoas de Kilela Balanda no Congo, onde iniciamos esta tarefa en novembro de 1964, que hoxe seguimos, nas áreas de educación, sanidade, salubridade das augas e agrícola.



