OurenseÚltima hora

Apróbanse definitivamente as bases para obter o permiso municipal de condutor de taxi en Ourense

Actualmente o Concello conta con 104 licenzas

 

Na xunta de goberno local extraordinaria celebrada na mañá deste luns 15 de marzo, o Concello de Ourense aprobabadefinitivamente, as bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi (actualmente, o Concello de Ourense ten 104 licenzas de taxi).

Así, as persoas que aspiren ao permiso -a obtención da licenza é un trámite posterior- deberán cumprir, entre outros, cos seguintes requisitos: ter o permiso de conducir da clase B ou superior en vixencia; estudos de ESO ou equivalente; coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, hospitais, oficinas públicas, centros oficiais, hoteis da cidade… así coma os itinerarios mais adecuados e directos para chegar ao lugar de destino; coñecementos de galego e de castelán; primeiros auxilios; ou atención a persoas con mobilidade reducida ou que presenten algunha discapacidade.

Os exames, que se realizarán nas dependencias da Concellería de Transportes, constarán de 44 preguntas tipo test (agás a do itinerario) con 3 opcións e só unha verdadeira. Para acadar o apto é necesario ter superadas as diferentes partes da avaliación.

A partir de agora, procederase á publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button