DeportesÚltima hora

O árbitro internacional Mateu Lahoz, o Barça e o Depor colaboran coa “Gran Festa do Futbol Sala” de San Xoán de Río

O evento solidario celebrarase o vindeiro sábado 30 de decembro a partires das cinco da tarde
Camisetas, polos e medias cedidas por Mateu Lahoz.

Antonio Miguel Mateu Lahoz, o único árbitro español que estará presente no vindeiro Mundial de Rusia, foi o último en sumarse á “Gran Festa do Fútbol Sala” que terá lugaro vindeiro sábado 30 de decembro ás 17h. no polideportivo de San Xoán de Río. Así o aseguran dende a Asociación Cultural RíoMola, organizadora do evento deportivo-solidario, explicando que Mateu Lahoz “o considerado mellor árbitro español en primeira división” enviou á organización deste evento, tres camisetas oficiais e asinadas de árbitro na Champions League, Europa League e Liga Española, así como dous polos da Federación Española de Fútbol e varios lotes de medias para sortear entre todos os participantes.

Por outra banda o FC Barcelona, a través da “Fundació FCB” tamén quixo estar presente neste evento solidario enviando para a ocasión dúas camisetas oficiais e dúas gorras da súa fundación. O Real Club Deportivo de la Coruña será outro dos principais colaboradores donando catro entradas para o partido Deportivo-Valencia C.F. que terá lugar no estadio de Riazor o sábado 13 de xaneiro de 2018 ás 20:45h.

 

Agasallos cedidos polo FC Barcelona.

Outros clubes coma o Real Madrid ou o Celta de Vigo confirmaron a súa colaboración nesta festa da solidaridade organizada pola AC RíoMola e o concello de San Xoán de Río dentro da campaña solidaria RioSolidaRio, na que cada asistente, tanto xogadores coma espectadores, deberá aportar un mínimo de 1 kg de alimentos non perecedoiros para acceder ao recinto. A AC RíoMola entregará unha rifa por cada quilo de alimentos entregados para participar no sorteo dos premios donados polos colaboradores.  

Dende a organización tamén informan de que dende o 26 de decembro e ata o sábado día 30 permanecerán instalados os tres puntos físicos de recollida de alimentos en San Xoán de Río: un no Concello, outro no supermercado da localidade e o último na tenda da Itas. 

Artigos relacionados

Back to top button