ConcellosO BarcoÚltima hora

Arde un coche nun céntrico aparcadoiro no Barco de Valdeorras

 

Na madrugada deste mércores 30 de xuño incendiábase un coche no aparcadoiro ubicado na Avenida da Estación no Barco de Valdeorras.

Ao lugar acudían os Bombeiros do GES Valdeorras, os Bombeiros do parque comarcal que rapidamente sofocaban as chamas que saían do motor, sen ter que lamentar máis danos que os do propio vehículo. Tamén acudía a Garda Civil.

É o terceiro coche que arde en pouco tempo na comarca de Valdeorras. Hai uns meses ardía de repente unha furgoneta parada nun semáforo na Rúa. Hai unhas semanas, un coche na estrada de Éntoma, tamén no concello do Barco, e agora este en pleno centro da vila.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button