O rastro dramático deixado polo incendio forestal que se iniciaba o xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorrras) e se estendía onte polo municipio do Barco, deixa pobos especialmente afectados como é o caso de Alixo (O Barco), onde arderon ata 15 vivendas.
“No barrio de Arriba, no barrio de Abaixo, Bardadá, incluso a zona de San Martiño, a igrexa case lle tocou un pouquiño, menos mal que lle acudimos a tempo, e é unha mágoa porque eran 15 vivendas, a parte a maiores están garaxes, as adegas e outro tipo de edificacións”, tal e como confirmaba ao Periódico O SIL o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso.