Coa tradicional pegada de carteis iniciábase de xeito oficial a campaña electoral das eleccións municipais do 28 de maio ás 00h. do venres 12 de maio. No caso do Barco, o punto de partida para iniciar esa pegada era a praza do Concello para o PSdeG-PSOE e para o BNG.
Pola súa banda, o PP comezaba a pegada no Malecón, á altura da desembocadura do río Cigüeño para logo continuar na zona da praza do Concello.
Fotos: A.R.