En portadaÚltima hora

Arranca do Barco a caravana contra a supresión de servizos ferroviarios en Valdeorras

 

Dende a estación de ferrocarril do Barco partía arredor das 12:30 h. do mediodía deste domingo 4 de outubro a caravana reivindicativa contra a supresión de servizos ferrovarios en Valdeorras. Estaba convocada polo BNG e a CIG, tras o peche do servizo de venda de billetes de tren nas estacións do Barco e de A Rúa-Petín. A convocatoria foi respaldada polos diferentes partidos políticos, coa presenza de diferentes alcaldes da comarca e concelleiros, ademais do senador Miguel Bautista, así como polos empresarios.

 

 

Tras saír da estación, a caravana percorría o centro do Barco e saía da vila en dirección Á Rúa, onde, tamén na estación, fin do traxecto, terá lugar a lectura dun manifesto.

Fotos: A.R.

Máis información, fotos e vídeos:
https://osil.info/a-saida-da-caravana-contra-a-supresion-de-servizos-ferroviarios-en-imaxes/
https://osil.info/a-caravana-reivindicativa-cun-cento-de-vehiculos-chega-a-rua-e-conclue-coa-lectura-dun-manifesto/
https://osil.info/valdeorras-mobilizase-para-reclamar-a-reposicion-dos-servizos-ferroviarios-perdidos/

Artigos relacionados

Back to top button