ConcellosO BarcoÚltima hora

Arranca no Barco o Gran Fondo Trevinca cuns 130 ciclistas

Esta proba deportiva de velocidade controlada, con ascenso a Fonte da Cova, está organizada polo Club Deportivo Tres Lunas Valdeorras

Publicidade

 

Ás nove da mañá deste sábado 25 de setembro, saían da praza do Concello do Barco de Valdeorras os participantes no Gran Fondo Trevinca, o desafío ciclista que levará aos ciclistas por boa parte dos concellos do Barco, Rubiá, Carballeda de Valdeorras e incluso zonas de León.

En total son 115 quilómetros dunha proba que destaca especialmente polas súas paisaxes, a dureza e a singularidade do seu percorrido, mesturado cun ambiente festivo, que comezaba co ascenso a Fonte da Cova, a 1.890 metros de altura con 27km de subida a un 5,7% de media. Unha vez coroada a cima de Galicia, os ciclistas comezaban un breve descenso cara a vertente leonesa ata o porto de Gobernadas, que coroarán pola súa vertente Sur. A partir deste punto tocaba gozar dunha paisaxe única polas comarcas leonesas da Cabrera e O Bierzo atravesando as poboacións de Silván, Sigüeya, Pombriego, Castroquilame, Las Vegas de Yeres e Puente de Domingo Flórez.

 

O concelleiro de Turismo Eladio Santos foi o encargado de cortar a cinta.

 

Dende aí será a quenda de novo para Ourense, entrando por Quereño, punto de avituallamiento e parada técnica da proba. Neste momento, despois de 4km entre viñedos e camiños rurais, chega a segunda ascensión cronometrada do evento, Alto de Vilar de Silva, un porto cunha singularidade e unha beleza única para os amantes do ciclismo clásico entrando no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e atravesando despois viñedos da D.O. Valdeorras rumbo á meta no Barco.

Tal como aseguran dende a organicación (Club Deportivo Tres Lunas Valdeorras en colaboración coa empresa 360 Dream Sports) Gran Fondo Trevinca é ciclismo como unha vez foi. “Trátase dun reto e unha experiencia que ten lugar entre dúas Comunidades Autónomas, unha proba que simboliza o irmandamento entre os pobos limítrofes de León e Ourense. Unha contorna tan espectacular como descoñecido, que non deixará a ninguén indiferente, atravesando pobos e estradas de alta montaña, unha contorna de espectacular beleza paisaxística que combina estradas secundarias e espectaculares camiños rurais asfaltados que farán as delicias de todos os participantes”.

Uns 130 ciclistas (dos 160 inscritos inicialmente), chegados dende diferentes partes de Galicia (Betanzos, Boiro, Vilagarcía, Ordes, Valdeorras)e tamén, La Bañeza, Madrid ou Valladolid, que desfrutarán do percorrido desta proba deportiva de velocidade controlada, ao tempo que intentarán facer o seu mellor tempo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button