DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Arranca a XVIII Volta Cicloturista a Valdeorras

A saída dábase ás nove da mañá dende a praza do Concello do Barco

Multitude de ciclistas, moitos deles valdeorreses, ían concentrándose a primeira hora da mañá do domingo 12 de xuño na praza do Concello do Barco e situándose tras a liña de saída. Ás nove, o alcalde barquense, Alfredo García, e o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, cortaban, ao lado de membros da organización, a cinta da dezaoito edición da Volta Cicloturista a Valdeorras, dando así inicio á proba.

De seguido, dábase á saída, e os participantes enfiaban en dirección á rotonda da Proba, onde daban a volta cara a vila para, tras cruzar o centro pola estrada xeral, se desviaban á esquerda e subían a ponte rumbo á Avenida do Bierzo. Eran os primeiros quilómetros dunha proba non competitiva cun percorrido total de 116 e que regresa ao Alto da Moá.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis fotos:
https://osil.info/david-mayo-o-primeiro-en-cruzar-meta-da-volta-cicloturista-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button