DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

David Mayo, o primeiro en cruzar a meta da Volta Cicloturista a Valdeorras

O segundo en completar esta proba de 116 km era o barquense Fernando López

Unhas tres e horas e media. Era o tempo que necesitaba o primeiro dos ciclistas en cruzar a liña de meta da XVIII Volta Cicloturista a Valdeorras, situada ao carón do polideportivo de Calabagueiros. Tratábase de David Mayo, que sacaba, xa na subida ao Alto da Moá, unha notable vantaxe aos seus compañeiros.

En segundo lugar cruzaba a meta desta proba non competitiva duns 116 quilómetros o barquense Fernando López. A cita reunía a un cento de ciclistas que saían ás nove da mañá da praza do Concello do Barco. O primeiro dos membros do Club Ciclista Valdeorras era Daniel Vázquez.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis fotos:
https://osil.info/arranca-xviii-volta-cicloturista-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button