En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Arrancan os encontros internacionais de teatro Paco González

Na xornada inaugural actuaron tres compañías de Puebla (México), en Petín, A Rúa e O Barco

Dende hoxe, 6 de agosto, e ata o sábado día 11, a comarca de Valdeorras acollerá os encontros internacionais de teatro Paco González, organizados en colaboración co XXVII Festival Internacional de Teatro Susana Alexader e coordinados por Gabriel Prada, coa participación de compañías de España, México, Uruguay e USA.

Petín, A Rúa e O Barco de Valdeorras son as localidades que acollían as representacións na xornada inaugural, con tres compañías de Puebla (México). Os primeiros en actuar, na praza Doutor Quiroga de Petín, eran os membros do CTC Jalil Gibrán coa obra Este es el juego, e unha hora máis tarde era a compañía Xelajú a que poñía en escena a obra No quiero ir a un mundo raro. Na praza José Antonio Míguez da Rúa, Luz del Carmen de Santillana V. e Salvador Méndez G. facían unha homenaxe a José Alfredo Jiménez cunha profunda reflexión sobre a morte á que corresponden as imaxes da galería. A última en actuar nesta primeira xornada, era a compañía Teatro Anubiz que poñía en escena a obra OK, Perfomance show.

Mañá, martes 7 de agosto, ás 21h. actuarán dúas compañías: Sildance (Chicago, USA) na Rúa con Tejiendo Caminos e Teatro Anubiz (Puebla, México) en Vilamartín de Valdeorras con OK, perfomance show. E xa ás 23h. haberá outras dúas funcións: Xelajú (Puebla, México) no Barco de Valdeorras con No quiero ir a un mundo raro e Kukulkan (Puebla, México) en Petín con Quiero ser.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button