Un ano máis A Pobra de Trives vibrará ao ritmo das motos coa concentración mototurística 2024 da man do Motoclub Os Esquíos que se celebrará ao longo da fin de semana.
O programa encetábase na tarde deste venres día 12 de xullo coa apertura de inscricións a partir das 19h. e a festa de benvida que inclúe a tradicional chourizada con sangría, que dará paso á actuación de La Indirigible na rúa San Martín con karaoke como fin de festa.
Mañá, sábado 13 de xullo ás 11h. comezará a ruta turístico-gastronómica e ao volver a Trives, terá lugar a ruta barítima polo pobo co tradicional “porco no espeto” e a música das Macizas Centrais. Xa pola noitiña haberá churrascada e a partires das 23h. comezará a ruta de bengalas. O prato forte chegará a partir da media noite coa exhibiciaón acrobática a cargo de Emilio Zamora e o seu Ducati Stunt Team. O broche á velada poráo a actuación musical en directo da banda Dr. Slump.
A concentración rematará o domingo día 14 cunha gran ruta mototurística (10:30h.) e o xantar coa entrega de premios.
Fotos: O SIL