En portadaÚltima hora

As abellas toman o salón de plenos de Parada de Sil

O municipio celebra por vez primeira o Día Mundial da Abella con diversas iniciativas, entre elas unha exposición

 

Parada de Sil súmase á conmemoración do Día Mundial da Abella, cuxa data é o 20 de maio. Nese marco por vez primeira desenvolvíanse no municipio unha serie de actos para celebralo. Así, un grupo de visitantes percorría unha exposición adicada ao mundo da apicultura e situada no salón de plenos do Concello de Parada de Sil.

A mostra consta dunha pormenorizada explicación sobre o traballo das abellas e inclúe elementos explicativos feitos polos nenos de Os noviños. Entre os útiles expostos poden verse máquinas extractoras, caretas e mel para degustar. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradece a Loli e Risa Casares a iniciativa de celebrar o Día da Abella e o seu traballo neste senso, e o labor da ANPA Os Noviños.

Artigos relacionados

Back to top button