O Barco e Celanova acollían na noite do 13 de agosto as primeiras actuacións das XXXIX edición das Xornadas de Folclore de Ourense, que promove a Deputación de Ourense. No caso do Barco o numeroso público asistente que enchía o milleiro de cadeiras colocadas desfrutaba das danzas, música e cantos das agrupacións Fundación Ballet Folclórica de Nobsa (Colombia), Yuan Yuan Dance Group (Taiwán) e Kud Srem (Serbia), en dous pases e por esta orde de actuación.
Mañá 15 de agosto están previstas dúas novas actuacións, unha Entrimo na Alameda ás 20:30h., e outra na praza Maior de Viana do Bolo ás 22:30h. Neste último escenario poderá verse aos grupos de México, Senegal e Panamá.
Fotos: O SIL.




