En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

As alfombras do Corpus Christi volven engalanar a zona vella do Barco

 

Con moito esforzo e sumo coidado, a veciñanza dalgúns puntos das rúas barquenses San Roque, Real e da totalidade de San Mauro (cortadas ao tráfico) dáballe este mediodía os últimos retoques as alfombras florais que, tras unha paréntese de dous anos por mor da pandemia, volven engalanar a parte antiga da vila con motivo da celebración do Corpus Christi.

 

 

Empregando diversos materiais, dende flores e outros elementos vexetais ata sal ou serrín, os veciños realizaban fermosas alfombras con motivos alusivos a esta celebración relixiosa, pero tamén ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

 

 

 

A celebración do Corpus Christi no Barco comezaba ás 12h. coa misa na igrexa de Santa Rita e continuará cunha procesión que percorrerá a estrada xeral da vila (onde se dispuxeron varios altares onde se farán paradas) ata entrar, por San Roque, na zona vella e finalizar na igrexa de San Mauro.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button