ConcellosÚltima hora

As amas de casa do Barco celebran unha cea de Comadres “moi doce”

Orella e lacón cocido, viño e de postre gran variedade de doces caseiros (orellas, natillas, buñuelos,…). É o menú do que deron conta as amas de casa do Barco que na tarde-noite do 8 de febreiro celebraron a cea de Comadres no Chao.

Unhas disfrazadas e outros non, pero todas con bo humor e ganas de pasalo ben, un ano máis as mulleres da Asociación de Amas de Casa O Teixadal do Barco de Valdeorras, mantivéronse fieis a cita do Entroido.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button