ConcellosLubiánÚltima hora

As bandas de música tradicional abren o XVII Festival Folk & Rock nas Portelas, en Lubián (Zamora)

 

Especialmente completo e intenso se presenta o Verán Cultural de Lubián, un concello zamorano situado tras as Portelas pero que conserva fondas raíces comúns con Galicia. Un programa que inclúe música, teatro, cinema ou deporte que se abría na tarde deste sábado 5 de agosto coa música como protagonista no XVII Festival Folk & Rock nas Portelas.

 

 

O evento comezaba en torno ás seis da tarde na Horta do Cura coa actuación de bandas tradicionais: “Pies y Barro” de Valladolid, “Os Gatiños” de Portonovo e a anfitrioa a Banda de Gaitas de Lubián na que toca o alcalde, Felipe Lubián e que tamén interpretaba unha peza cun grupo de Celanova.

 

O alcalde de Lubián, Felipe Lubián.

 

E xa pola noite na Fontarbela actuarán Treixadura e Jambrina & Madrid que facían as probas de son trala bandas de gaitas.

O festival continuará mañá, domingo o 6 de agosto ás 20:30h. cos concertos de Naïa, Astarot e Markfeel.

 

Banda de Gaitas de Lubián.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button