
Un grupo de Bonitas de Sande, máscaras do municipio de Cartelle, participaban no VIII Encontro de Máscaras de Mogadouro, Portugal. Un encontro anual ao que son asiduas e no que levan participando dende os seus inicios.
Foron un total de 21 Bonitas e o seu Chamán co Meco os participantes nun desfile ao que tamén acudían máscaras de Asturias e, por suposto, de Portugal.
“Con esta actividade a AC Entroido As Bonitas de Sande dan comezo á actividade do Entroido desta pequena parroquia do Concello de Cartelle que, co paso dos anos vai gañando en aceptación e implicación dende a súa recuperación da man da Asociación de Veciños O Castelo de Sande non deixou de medrar. Unha forma de darlle vida ao rural e apostar polas nosas tradicións”, destacan dende a entidade.