ConcellosÚltima hora

As Bonitas de Sande desfilarán en Castrelo de Miño

As máscaras da localidade ourensá protagonizarán a feira de remate do Entroido o 22 de febreiro
As Bonitas de Sande desfilando en Xixón (Asturias).
As Bonitas de Sande desfilando en Xixón (Asturias).

As Bonitas de Sande, serán as protagonistas da Feira de Castrelo que se celebrará como tódolos derradeiros domingos de mes no Parque Náutico de Castrelo. Será o domingo 22 de febreiro coincidindo co remate do Entroido, por iso as máscaras do Carnaval en Sande (concello de Cartelle) farán un desfile a partires das 12h.

Ademais, como vén sendo habitual, no recinto feiral haberá “máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de produtos (roupa, calzado, libros, música, pan, doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcutería, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, a adega…), así como 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño, e un festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais” explican dende o Concello de Castrelo de Miño.

Artigos relacionados

Back to top button