CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

‘Ás cara o futuro; Raíces de 60 anos’, acto conmemorativo do aniversario do Colexio Pablo VI da Rúa

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na posta en liberdade de aves e na plantación dunha árbore

 

Na mañá deste xoves 23 de maio e no marco da Semana Cultural, 2024 do centro, o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazábase ata o concello da Rúa para participar nun dos actos do 60º aniversario do Colexio Diocesano Pablo VI, que se desenvolveron baixo o lema “Ás cara o futuro; Raíces dos 60 anos”.

O delegado territorial, xunto a alumnos, antigos alumnos e profesores, colaborou no acto de plantado dunha árbore emblemática elixida polo seu simbolismo e lonxevidade, representando o crecemento e fortaleza da institución ao longo de seis décadas. O lugar escollido foi o mesmo onde hai 10 anos xa se plantaran 50 árbores co gallo da reforestación dos montes da contorna.

Manuel Pardo tamén participou na posta en liberdade de aves que foron atendidas no Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio, destacando a significación do proceso de solta “como símbolo de liberdade, renovación e esperanza nunha sociedade na que é necesario pór en valor o noso compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade”.

 

 

“Actos como estes”, continuou o delegado territorial, “axudan a reforzar o sentimento de pertenza e orgullo a unha comunidade educativa que fomenta os valores de respecto polo medio ambiente e a natureza”. “Entre as distintas xeracións debemos estreitar lazos de convivencia e solidariedade para deixar unha pegada duradeira nas persoas que veñen”, sentenciou.

O delegado territorial subliñou tamén que “coidar o medio ambiente é responsabilidade de todos e os nenos non son unha excepción. Aínda que poidan parecer de pequeno tamaño, o seu compromiso e accións xeran un gran impacto na protección do noso planeta. Estes son algúns aspectos que paga a pena levar a cabo con eles”. Ademais “é fundamental que os nenos comprendan a importancia da sustentabilidade e a preservación dos recursos naturais“, continuou, engadindo que “a través da educación e concienciación ambiental, os nenos poden coñecer a importancia das famosas tres R: reducir, reutilizar e reciclar. Deste xeito, impulsar prácticas como o aforro de auga, enerxía e consumo responsable permítelles comprender a importancia de conservar os recursos naturais para o futuro”, rematou.

Artigos relacionados

Back to top button