
Ás seis da tarde, os Reis Magos chegarán ña Estación de autobuses do Barco. Alí subíranse ás súas carrozas para facer o percorrido ata a Casa do Concello. Alí serán recibidos polo alcalde, Alfredo García. Tanto o alcalde como os Reis saúdarán desde o balcón da consistorial ás persoas que se sitúen na Praza do Concello.
Un total de 36 figurantes, -dous carteiros, catro paxes e seis gardas reais en cada carroza-, ademais de 30 nenos (dez por carroza), acompañarán ao Melchor, Gaspar e Baltasar polas polo Barco.
Os Reis repatirán 550 quilos de caramelos entre os nenos e maiores que se sitúen nas rúas da vila durante o percorrido, que se calcula teña unha duración de aproximadamente unha hora. As tres carrozan contan, por primeira vez, con animación musical.