ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As chuvias fan medrar considerablemente o Sil e os seus afluíntes, ao seu paso polo Barco

Nesta galería de fotos poden verse diferentes imaxes do caudal deste río e tamén dos arroios que desembocan nel

As chuvias caídas nos últimos días veñen de cambiar por completo a imaxe que ofrecía o río Sil nos últimos meses. O seu caudal ten medrado considerablemente ao seu paso pola vila do Barco, tal e como pode comprobarse nesta galería de imaxes, tomadas na mañá do 31 de xaneiro.

Tamén veñen cargados de auga os seus afluíntes. É o caso do río Mariñán, ademais do río Cigüeño ou o regato de Viloira.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Máis fotos e información:
https://osil.info/o-rio-sil-segue-medrando-e-xa-cubre-a-praia-fluvial-do-malecon-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button