O funcionamiento e a composición do leite materno, a conexión especial entre nai e fillo cando lle dá o peito ou os signos que indican que o bebé está mamando de maneira óptima. Son algunhas das cuestións que se abordaban no decurso da charla-coloquio sobre preparación á lactancia materna que Lorena Prada, presidenta de De Nai a Nai (asociación barquense de apoio á lactancia materna e á crianza con apego), impartía na tarde do 23 de maio no local da asociación.
Na súa intervención tamén botaba por terra certos mitos e ofrecía recursos para resolver os problemas máis frecuentes nos inicios da lactancia. Falaba das posicións para amamantar, así como da importancia do papel do pai e do entorno “en relación co éxito e duración da lactancia materna”.
Fotos: A.R.