En portadaÚltima hora

As claves e expectativas do nacional de 10 km en ruta que se celebrará no Barco, na edición de maio de O Sil Deportivo

O valdeorrés Alejo Ares será un dos 500 atletas, os mellores desta disciplina na categoría absoluta e máster, que percorrerán este domingo a estrada central na vila

 

Este domingo, 8 de maio, O Barco de Valdeorras converterase ca capital nacional de atletismo en ruta, coa celebración do Campionato de España de 10 km en ruta para as categorías absoluto e máster (tanto masculino como feminino), ademais dunha proba popular na que poden participar todos os afeccionados que así o desexen.

Non é a primeira vez que O Barco acolle unha proba nacional de atletismo, pero si será a primeira que o faga dunha das modalidades máis populares que chega ao Barco, grazas ao traballo e empeño de moitas persoas e entidades, entre elas a Federación Galega de Atletismo, o Concello do Barco e sobre todo o Club Adas Cupa, que aportará varios equipos ao campionato, entre eles o valdeorrés Alejo Ares. Será pois unha oportunidade de ouro para ver aos deportistas de elite loitando polo título e tamén por facer marca, ao longo de toda a rúa Conde Fenosa e da avenida de Galicia, por onde irá o circuíto.

 

 

A esta proba, que colocará ao Barco e a Valdeorras no mapa atlético nacional adicamos o tema de portada deste número de O SIL Deportivo, incluíndo as claves do carreira e as expectativas dos atletas, así como unha entrevista co presidente da Federación Española de Atletismo, Raúl Machado.

Neste número tampouco nos esquecemos do fútbol, especialmente do CD Barco que vén de facer historia logrando o pase á final dos play off de ascenso, nin doutros deportes como o karate o piragüismo ou a espeleoxía, informando sobre o I campamento infantil organizado polo grupo Águilas Verdes de Rubiá. Ademais, poñemos o foco na base, cun percorrido visual pola presentación das Escolas Deportivas Municipais de Viana, entre outros moitos temas.

 

Artigos relacionados

Back to top button