EconomíaEconomíaÚltima hora

As claves para a dixitalización dos negocios no rural, expostas nunha xornada en Vilamartín

 

As ferramentas para a dixitalización dos negocios; as oportunidades dos avances tecnolóxicos; os poios da Xunta; e as necesidades e posibilidades da dixitalizacion nas empresas no rural. Son os puntos sobre os que xiraba a xornada para empresarios que se celebraba na mañá deste martes 7 de novembro en Vilamartín de Valdeorras.

Organizada por APE (Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia) coa colaboración do IGAPE e AEVA, o evento tiña lugar no Centro Sociocultural Santa Lucía onde, ao longo dunha hora e media, os asistentes puderon coñecer as claves para avanzar nos seus proxectos e mellorar os seus negocios, debatendo tamén sobre a “brecha dixital” coa que aínda se atopan os negocios no rural.

 

Un momento da charla.

 

O evento contou coa asistencia do presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas e Miguel Fidalgo, o responsable das Oficinas do Igape da Zona Sur, e nel participaron máis dunha vintena de persoas. Estivo conducida por Jaime Barreiro, experto en marketing dixital, que analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos.

 

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas.

 

Esta iniciativa, ofrece información sobre o emprendemento, a mellora do desenvolvemento profesional, a consolidación de proxectos e a reinvención dos negocios na contorna rural. En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é inspirar ás persoas autónomas, animar a emprender, consolidar o negocio no rural e detectar novas oportunidades que chegan da man dos cambios tecnolóxicos.

A celebrada en Vilamartín é a quinta e última das xornadas do ciclo “A dixitalización dos negocios no rural”, que xa pasou por Ferrol, San Cibrao das Viñas, Mondoñedo e Marín, da que disfrutaron ao redor de 150 participantes en total. Porque mellorar, optimizarse e apostar pola modernización é fundamental para seguir sendo competitivo e diferenciarse nun mercado tan saturado de información como é o actual.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button