En portadaEntroido 2024Galerías de fotosÚltima hora

As danzas das Mázcaras protagonizan o Martes de Entroido en Manzaneda

 

Coa tradicional petición de permiso, neste caso a cargo do Fulión de Langullo Parroquia de Cesuris, comezaba ás 11:30h. o desfile do Martes de Entroido en Manzaneda, no que participaban un total de 9 fulións. Entre eles estaban os da Parroquia de San Martiño e o da Mourela p’acá. As Mázcaras encabezan cada un dos fulións, enchendo coas súas elegantes e coloristas danzas ás rúas.

Tamén participaban os folións triveses Os Labregos, A Lardeira, As Maceiras e A Caniceira, así como, por vez primeira, o de Sobrado, e o da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso.

 

 

O desfile, con saída e remate no pavillón polideportivo, remataba contra as súas e media da tarde. Regulando o tráfico e velando pola seguridade contábase coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, Petín, A Rúa, San Xoán de Río, Trives e O Barco. Tras o desfile dábase paso ao xantar popular no pavillón polideportivo.

Entre os numerosos asistentes ao desfile estaban alcaldes e concelleiros da zona, así como os candidatos nas eleccións galegas Xosé Manuel Merelles, número 11 na lista do PP, e Eladio Santos, número 4 na lista do PSdeG.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button