ConcellosÚltima hora

As doazóns á campaña de apoio aos afectados polo incendio de Valdeorras non poderán facerse por Bizum

As achegas económicas unicamente poderán realizarse a través do ingreso na conta bancaria desta iniciativa solidaria

Representantes do GEM Águilas Verdes, do CCA e de AEVA na presentación desta campaña solidaria./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As doazóns á campaña solidaria de apoio aos afectados polo incendio en Valdeorras, impulsada polo Grupo de Espeleoloxía e Montañismo Águilas Verdes (en colaboración coa Asociación de Veciños O Regueiral de Rubiá) e á que sumaban O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA); non poderán facerse por Bizum. Unicamente poderán facerse as aportacións económicas no número de conta bancario da campaña.

Na presentación desta iniciativa informábase desta posibilidade, pero días despois as entidades promotoras matizaban que aínda non estaba operativa. Finalmente, neste 9 de agosto emitían un novo comunicando explicando que “problemas alleos á organización da campaña solidaria para damnificados polos incendios de Valdeorras impiden realizar doazóns a través da plataforma BIZUM. Rogamos aos interesados en facer algunha achega económica fágano a través de transferencia ou ingreso na conta ES69 2080 0405 4230 4004 4500”.

Artigos relacionados

Back to top button