EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

As empresas do Clúster da Pizarra de Galicia non prevén retomar a actividade ata maio

Foto: Carlos G. Hervella.

Malia que nun principio se barallaba a posibilidade de que as empresas integradas no Clúster da Pizarra de Galicia retomarán a súa actividade a partir do 27 de abril, finalmente non o farán. Agora mesmo plantéxase o 4 de maio como posible data para volver a funcionar, pero “todo dependerá de como evolucione a situación”, tal e como se confirma dende este organismo empresarial.

A maior parte do sector da lousa paralizaba o traballo a finais de marzo, días antes de que o goberno decretase que só podían continuar funcionando as empresas de sectores considerados esenciais. Malia que despois da Semana Santa o sector podía volver a poñerse en marcha, a maioría das empresas optaron por manter o parón que agora se prolongará, nun principio, ata maio.

Artigos relacionados

Back to top button