
Unha das citas destacadas do Entroido na Rúa é a Cea-Baile de Comadres que organiza o Casino e que cada ano reúne ás mulleres disfrazadas en torno a unha boa festa.
A deste ano será o 8 de febreiro a partir das 22:30 horas e as entradas (10 euros con bufete libre, bebidas non incluídas) poranse á venda o vindeiro luns 29 de xaneiro a partir das 15 horas no propio Casino.