ConcellosEn portadaO BoloÚltima hora

As entradas para a XIV Ruta dos Fornos de Celavente poranse á venda este sábado 13 de abril

Poderanse mercar no Restaurante Volobriga (O Bolo), e na Rúa no Restaurante A Lareira e na Cafetería O 4 (A Rúa). Tamén se poden reservar por correo electrónico

Un momento da Ruta dos Fornos de Celavente o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa está en marcha a Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo), unha interesante e entretida iniciativa que mestura gastronomía, natureza, sendeirismo e patrimonio, que celebrará a XIV edición o sábado 4 de maio.

Tal como avanzan dende a organización, o programa seguirá a liña de anos anteriores e será o veciño Juan Corzo quen marque o inicio da ruta no punto de partida da camiñata, ás 13 horas, coa lectura dos poemas que el mesmo escribe adicados a Celavente e ás súas xentes. Alí, na caseta instalada na estrada fronte ao bar (actualmente pechado), os asistentes poderán recoller a taza e as entradas (no caso de que as teñan reservadas) e tralo pregón e co acompañamento musical de dous grupos de cantos de taberna (un deles será Abertal), arrincará o percorrido duns 4.600 metros polos diferentes barrios do pobo ata rematar na praza.

Nesta ocasión sacarán unhas 700 entradas que se porán á venda a partir deste sábado 13 de abril en diferentes establecementos: Restaurante A Lareira e Bar O 4 da Rúa; e Restaurante Volobriga do Bolo. O prezo mantense nos 15 euros para os adultos e 7 para os nenos de 6 a 12 anos. Tamén poden reservarse no correo electrónico: rutadosfornos@terrasdobolo.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button