ConcellosPetínÚltima hora

As entradas para o magosto de Petín (1€) estarán á venda ata o 27 de outubro

A cita será o martes día 31 a partir das 20 horas na Casa da Cultura

Asando as castañas no magosto de Petín o ano pasado. /Foto cedida.

 

Un ano máis o Concello de Petín prepárase para celebrar unha nova edición do seu particular magosto previsto para o martes 31 de outubro a partir das 20 horas na Casa da Cultura e contará coa colaboración da Deputación de Ourense.

As entradas (1 euro) estarán á venda ata o día 27 nas oficinas do Concello en horario de 9 a 14  horas e darán dereito a degustar chourizo con pan, viño e por suposto castañas asadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button