Dende o luns 19 de febreiro están dispoñibles para a venda física no Concello da Rúa as entradas para o monólogo de ‘El Sevilla’ La vida es rocanrol que terá lugar no Centro Cultural Avenida o vindeiro sábado 2 de marzo ás 20:30 horas.
La vida es rocanrol xorde ao terminar un concerto da súa banda, os Mojinos Escozíos, cando El Sevilla entra no seu camerino apestando a Rock and Roll. “Mentres se quita os seus farrapos de leopardo e os seus colares oxidados, non só íspese por fóra, íspese tamén en corpo e alma e confesa o duro que é vivir sendo una rockeiro, non polo feito de ser rockeiro, senón polo feito de vivir: deitarse ás 7 da mañá non é Rock and Roll, levantarse ás 7 da mañá, si”, aseguran dende a produtora.
De preguntas como ¿Que pensa a súa nai dos seus pelos, da súa roupa e das súas tatuaxes? ¿Como educa aos seus fillos un tipo que ten un grupo que se chaman os Cus Escozíos? ¿Que fai unha Rock Star cando lle toca ser presidente da súa comunidade de veciños? nace este monólogo que o rockeiro compartirá co público na Rúa.
O prezo da entrada é de 13 euros e tamén pode mercarse en www.woutick.es cun recargo de 1,5€ por gastos de xestión.