CulturaCulturaÚltima hora

As esculturas do artista valdeorrés Iván Prieto, na serie de Amazon Prime “Historias para no dormir”

A serie de bustos e cabezas colle protagonismo no primeiro capítulo titulado "El Doble"

 

Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, 1978) é un artista multidisciplinar cuxa obra céntrase nas imperfeccións e rarezas do ser humano na sociedade actual transformándoas en personaxes surrealistas que rompen cos canóns de beleza.

As súas esculturas crean un mundo entre a realidade e a caricatura, entre o simbolismo e o espectáculo con personaxes que senten, padecen e transmiten sensacións moi reais, conseguindo un selo tan persoal que non deixa indiferente a ninguén. Pezas que teñen sido expostas en destacados espazos de ámbito internacional (Colexio de España en París, Embaixada española en Berlín, Sophi’s Palace de Utrecht de Holanda, Museum Kloster Asbach de Passau de Alemaña,..) así como en importantes feiras como Art Lisboa, Estampa, Arte Santander ou Art Madrid, entre outras, e que agora dan o salto á pequena pantalla.

 

Unha das escenas de “El doble”, na que aparecen varias esculturas de Iván Prieto.

 

Varias das súas obras de arte, especialmente bustos e cabezas, cobran protagonismo na serie Historias para no dormir, a serie antolóxica de terror creada por Chicho Ibáñez Serrador que vén de estrear o seu reboot en Amazon Prime Video, no que catro directores españois propoñen a súa particular revisión de episodios emblemáticos da ficción. As pezas de Iván Prieto aparecen precisamente no primeiro capítulo, titulado El Doble e dirixido por Rodrigo Sorogoyen (El Reino, La pecera de Eva, Frágiles) que se estreaba este venres 5 de novembro. “Fixáronse máis no que son cabezas sobre todo con varas caras e bustos, supoño que pol argumento do episodio e parece que teñen bastante protagonismo”, asegura emocionado o artista.

 

O artista barquense Iván Prieto. /Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button