ConcellosÚltima hora

As estacións de tren do Barco e da Rúa terán persoal de asistencia, temporalmente, para o uso das máquinas de autovenda de billetes

É o único compromiso adquirido por Renfe tralo peche do servizo de despacho de billetes en varias estacións da provincia de Ourense

Reunión do PSdeG-PSOE co presidente de Renfe.

 

O 1 de outubro o servizo de venda de billetes das estacións de tren do Barco de Valdeorras e A Rúa, entre outras, botaba o peche. As protestas non se fixeron esperar e tres días máis tarde unha caravana dun cento de coches saían do Barco rumbo á Rúa en sinal de rexeitamento á perda de servizos ferroviarios nas devanditas estacións e para visualizar o que a supresión de trens supón para a comarca.

E xa na mañá deste mércores 7 de outubro, o deputado, a deputada e o senador no Congreso e Senado, Adolfo Pérez Abellas, Uxía Tizón e Miguel Bautista, e o secretario provincial, Rafael Villarino, mantiñan un encontro co presidente de Renfe, Isaías Táboas, a fin de “impulsar e optimizar” os servizos ferroviarios da provincia de Ourense coas outras provincias galegas, así como as conexións de longa distancia hacia o resto do Estado.

Na reunión, a operadora ferroviaria informou que, cando entre en servizo o novo tramo da liña de alta velocidade entre Zamora e Pedralba, Ourense contará cun novo servizo Alvia a primeira hora da mañá, que unirá a terceira cidade de Galicia directamente con Madrid, procedente de Pontevedra. Máis no que atinxe ás estacións (de Ribadavia, O Barco, A Rúa e O Carballiño) unicamente se comprometeron a contratar “temporalmente persoal de asistencia, para a axudar na compra de billetes nas máquinas de autovenda”.

 

Artigos relacionados

Back to top button