ConcellosEn portadaGalerías de fotosTrivesÚltima horaVídeos

As fogueiras iluminan Vilanova (Trives) nunha nova edición da Festa do Chourizo

 

Con máis de cen anos de historia conta a Festa do Chourizo de Vilanova (A Pobra de Trives) que na tardiña do sábado 3 de febreiro vivía o punto álxido con numerosas persoas no monte, comendo, bebendo e cantando a carón das fogueiras, para facer fronte ao frío e tamén asar as viandas.

 

 

Trátase dunha celebración tan tradicional como festiva e mesmo cooperativa, en contacto directo coa natureza na que cada quen aporta algo. Nesta ocasión da elaboración da queimada encargábanse membros da directiva do CD Trives que utilizaban un sistema do máis orixinal, unha formigoneira.

 

 

A programación incluía a andaina pola mañá organizada polo Club Montaña Trives; a misa solemne na honra á Virxe das Candeas amenizada polo Orfeón Trives, procesión e sesión vermú coa charanga Nova Trives e pola tarde a preparación das fogueiras. O apartado musical, corría a cargo o trío Nostalgias e a disco móbil Bady.

 

 

A festa continuabana xornada deste domingo 4 de febreiro na honra a San Brais. Unha alborada a cargo da charanga Nova Trives espertaba aos veciños e xa pasado o mediodía tiña lugar a procesión e a misa. Á saída, a mesma charanga facía a sesión vermú.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button