CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

As historias de amor e morte da salmantina Eugenia Manzanera recalan no Barco

Actuará esta tarde ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande de Viloira, dentro do ciclo "De Perto"

A contadora Eugenia Manzanera./ Foto: https://eugeniamanzanera.com/

 

Retómase a narración oral dentro do ciclo “De Perto”, no Barco. O Xardín da Casa Grande acollerá estar tarde a partir das 20:30h. a actuación da contadora Eugenia Manzanera con historias “De amor e morte”, nas que morre alguén que ama.

Eugenia Manzanera é natural de Salamanca. En 1992, despois de traballar con Achiperre e Comediants na Expo de Sevilla, crea a súa propia compañía compaxinando a narración oral co teatro. Especializouse en commedia dell’arte en Italia con Antonio Fava e entrou no teatro para bebés da man de Carlos Laredo. Aínda que non leve nariz, á actriz Eugenia Manzanera sáelle o clown polos catro costados. Encántalle provocar sorrisos, risos e gargalladas.

Nos seus espectáculos a palabra adquire unha gran forza combinada con xogos rítmicos sonoros, onde os obxectos sempre propoñen outra maneira de estar no mundo. En activo dende hai 30 anos, foi directora, produtora, dramaturga, actriz.. e, sobre todo, pallasa.

 

 

 

Manzanera colleitou varios galardóns na súa longa traxectoria como o premio Moretti co teatro infantil Cuéntame un cuento, ou o Premio do Público 2016 ao mellor espectáculo infantil na Feria de Teatro de Castela e León en Ciudad Rodrigo ou o Premio Fetén 2017 ao mellor espectáculo de pequeno formato para nenos, ambos por Retahilando. Dende 2017 coordina o Encontro de Pallasas de Salamanca, onde se da visibilidade á muller artista pallasa. Como contadora participou en numerosos festivais e encontros nacionais e internacionais de narración oral.

Artigos relacionados

Back to top button