Coas festas de verán ás portas e en pleno desenvolvemento do torneo de Petín, as pistas do Aguillón prepáranse para a XXIV edición do Torneo de Tenis Festas da Rúa.
Organizado polo Concello da Rúa en colaboración co Club Tenis Rúa e coa Deputación de Ourense desenvolverase do 28 de xullo ao 4 de agosto para as categorías benxamín, infantil, absoluto e veteranos +35 masculino; e benxamín, infantil e absoluto feminino.
O prazo de inscricións estará aberto ata o 26 de xullo ás 12 horas.