O cambio na data foi a principal novidade das Xornadas de Teatro da Rúa que este ano chegaban á IX edición adicadas a Tito Macías, e cunha media de máis de cincuenta persoas en cada unha das sesións, foi ben acollido polo público.
Os primeiros en actuar o 18 de novembro eran os membros de Candea de Viana que representaron dúas obras: O diñeiro o mellor compañeiro e Os Vilachá. O 26 de novembro tocoulle o turno a TEF Chaves que coa súa obra A criada do Faustino protagonizaban a xornada solidaria a favor de Cruz Vermella. E xa no mes de decembro, actuaron Augas do Sil de San Clodio con Un día nas portas do ceo; Mari Calvo, Moncho e Manolo cos monólogos sobre Traumas infantís; Namarella Teatro de Verín con Espérame en el cielo; e xa por último A Ruada con A voda do esganarello.
Os anfitrións e organizadores foron os encargados de poñer o broche a esta edición, na tarde do 30 de decembro, cunha peza baseada na obra de Molière Le mariage fatal, adaptada polos membros de A Rúa, que narra a historia dun peculiar casamento marcado polas inquedanzas amorosas dun home rico entrado en anos, a avaricia dunha moza xove e fermosa e as trouladas dos entendidos na materia.
As xornadas contaron coa colaboración, entre outros, de Abertal e do Concello da Rúa.
Fotos cedidas por Ángeles Terrón.