En portadaÚltima hora

As Letras Galegas de Florencio, nun monográfico do Periódico O SIL

 

Dende primeiros de maio está na rúa o Especial Letras Galegas do Periódico O SIL (publicado conxuntamente coa edición de maio en papel), centrado nesta ocasión na figura e na obra do poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 2022 o 17 de maio.

Nas páxinas deste monográfico non só se percorre a biografía e o labor literario e cultural deste poeta valdeorrés, nacido en Córgomo en 1903, e que se viu obrigado a exiliarse despois a México. Tamén incluimos unha entrevista co académico Xesús Alonso Montero e amosamos como o Periódico O SIL ao longo da súa traxectoria como medio de comunicación foi contando como se xestou e desenvolveu o proxecto de loitar por unhas Letras Galegas para este autor, nunha iniciativa que xurdía hai xa dúas décadas e que se retomaba con éxito hai uns anos.

 

Artigos relacionados

Back to top button