Baixo o lema “Esperta o teu Negocio na Era Dixital”, esta tarde desenvolvíase o evento Cafeína Dixital no salón de actos do Multiusos do Barco. Trátase dunha sesión na que se achegaban axudas e subvencións dispoñibles, como o Kit Dixital, deseñado para financiar a transformación dixital das empresas.
Esta sesión, na que se inscribían unhas 25 persoas, estaba impartida por Luis Rey Fernández-Arruty, director de operaciones INEO. A iniciativa estaba organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración coa Oficina Acelera Peme (OAP) de INEO co fin de achegar ás empresas ao mundo da dixitalización e de “descubrir as ferramentas dispoñibles para impulsar os seus negocios en liña”.
Fotos: A.R.