Nun festival tan completo e variado non podía faltar a música tradicional. E dela encargábanse as Macizas Centrais que no mediodía deste sábado 20 de xullo amenizaban o xantar dos asistentes ao SilFest Valdeorras 2023.
A agrupación trivesa é das poucas que repiten sendo xa case da casa e hoxe actuaban despois de El Patio de Leni, entonando un amplo e animado repertorio na zona de restauración onde os asistentes podían tamén elixir entre diferentes pratos (polbo á feira, churrasco, xamón, doces…) ao máis puro estilo da tradicional romaría.
Fotos e vídeo: O SIL.





